Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

26 OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

Imagen
Para celebrar o día da biblioteca, Bibli entregou os carnéts ós nenos de 3 anos. Invitounos a empezar a empregar a biblioteca e lemos as normas de uso.  Tamén entregamos os distintivos de axudantes as novas  incorporacións o noso equipo. Durante os días previos aprendimos a facer a entrega e devolución dos libros no MEIGA e tamén a cómo colocar os libros nos andeis.

Preparando o Samaín dende a Biblioteca

Imagen
Convocatoria para Infantil Queridas familias: Bibli  convocános para participar no  certame de Samaín. É unha actividade totalmente voluntaria Os medos forman parte dos pensamentos dos nenos,  queremos espantalos facendo bonecos sacapenas. Os bonecos sacapenas son unhas figuras  pequenas, orixinarias de Guatemala. Si unha persoa (normalmente un neno) non pode durmir debido aos seus problemas, pode contarllos ao boneco e gardalo baixo a almofada antes de deitarse. De acordo ao folklore, o boneco quedarase co  problema en lugar da persoa, permitíndolle durmir tranquilamente. Cando  esperte, farao sen os seus problemas xa que o boneco quedou con eles. Os bonecos miden de 15 a 50 mm., e están fabricados a man a partir dunha base de madeira ou arame, con roupa de algodón,cartón, papeis… aínda que tamén poden estar feitos de barro . No noso caso podemos facelo de calquera material que teñamos a man.                        

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Imagen
Un ano mais, Bibli visitou todas as clases do colexio e foi moi ben recibida . Ademais de animarnos a visitala ó  longo do curso e de lembrarnos as normas, agasallounos cun libro para cada un. Eiquí deixovos as imaxes