Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

Proposta de Bibli para celebrar o Samaín.

Imagen
Como todos os anos, Bibli proponnos unha actividade para realizar con calma e voluntariamente nas casas con toda a familia. Este ano aos nenos de infantil e primeiro ciclo entrégalles  unha casa encantada e tedes que agochar detrás dela os monstros que queirades. Decorádea, recortade polos puntos e pegade unha folla por detrás onde peguedes os vosos monstros. Para os nenos de segundo e terceiro ciclo propón inventar unha historia sobre os monstros que viven nesta casa. Deixade voar a imaxinación e disfrutade en familia desta actividade.

Celebremos o Samaín.

Na páxina principal do cole tedes un apartado para coller ideas sobre a festa e a celebración do Samaín. Aquí tedes o acceso directo. Disfrutádeo. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/397

Inauguramos un novo curso

Imagen
O 1 de outubro Bibli abre as súas portas. Pasou previamente por todas as clases para avisarnos de que xa podemos visitala e descubrir moitas aventuras nos libros que ten gardados.  Pediunos que non a deixemos soiña nos recreos e que veñamos a facerlle visitas polas tardes, promete facernos pasar momentos moi divertidos e abrirmos os ollos para coñecer un mundo marabilloso.