A festa dos maios.

Este ano promovido polo EDLG fixemos as festa dos maios.

Recollimos información sobre a festa en libros e na web para así  prepararmos  para celebrala no cole.

Vivenciamos nunha xornada escolar o traballo cooperativo necesario para levar a cabo un proxecto no que é realmete necesario a comunidade. Un pouco de esforzo de cada un é necesario para poder facer un maio tan grande e tan fermoso coma o noso.

Cada titoría preparou as súas coplas e o baile practicáronno na clase de música.

Unha experiencia única na que poidemos disfrutar do traballo e ver que os esforzo común é moi valioso e necesario, un xeito de vivenciar a cultura popular e a importancia da comunidade nos pobos galegos.




http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/440

Comentarios

Entradas populares de este blog