Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2015

Concerto de nenos de quinto e catro anos 28-5-15

Hoxe tivemos doble concerto primeiro cantaron os nenos de quinto acompañados de instrumentos Despois os nenos de catro anos cantaron e bailaron dúas cancións

Os de cuarto voltan a ser protagonistas xoves 21-5-15

Menuda clase tan musiqueira, a estes nenos encántalles cantar e bailar e mirade cómo o demostran, Gracias chicos por participar tanto. Gracias Ana por animalos sempre.

A festa dos maios.

Imagen
Este ano promovido polo EDLG fixemos as festa dos maios. Recollimos información sobre a festa en libros e na web para así  prepararmos  para celebrala no cole. Vivenciamos nunha xornada escolar o traballo cooperativo necesario para levar a cabo un proxecto no que é realmete necesario a comunidade. Un pouco de esforzo de cada un é necesario para poder facer un maio tan grande e tan fermoso coma o noso. Cada titoría preparou as súas coplas e o baile practicáronno na clase de música. Unha experiencia única na que poidemos disfrutar do traballo e ver que os esforzo común é moi valioso e necesario, un xeito de vivenciar a cultura popular e a importancia da comunidade nos pobos galegos. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/440

Día das letras galegas

Imagen
Hoxe celebramos no cole o día das letras galegas. Todos os cursos tiñan a súa disposición os diferentes materiais que o equipo de TICS e  EDLG  subiron á páxina web do cole para poder traballar nas aulas. Na hora de ler, reunímonos no salón de actos para compartir o aprendido cos outros cursos. Neste enlace tedes o vídeo da celebración http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/439

XOVES MUSICAL CON RITMO

Hoxe as nosas Noas e Jaime de segundo bailaron seguindo o ritmo da canción "Imos á praia". Fixádevos en Bibli o ben que lles seguía o ritmo. Gracias pola participación e animádevos a seguir participando.

As familias tamén contan

Imagen
Durante os meses de abril e maio, as familias de infantil viñeron ó noso cole a contarnos contos e historias, como todos os anos quedamos abraiados coa alta participación e o interese co que se tomaron a actividade. Estamos seguros de que estas actividades sirven para aumentar as ganas de ler e para mellorar e afianzar as boas relacións familia-escola. Moitísimas gracias a todos por cedernos parte do voso tempo e cariño.

Xoves musical, actuación dos nen@s de cuarto con linguaxe de signos

Os nen@s de cuarto actuaron na bibli cantándonos unha canción con linguaxe de signos.

Visita de Paco Nogueiras

Hoxe visitounos Paco Nogueiras, gracias á nosa suscripción á editorial Kalandraka. Os nenos de infantil fixemos unha hora de ler especial na biblioteca. Pasámolo fenomenal cos contos e os cantos eiquí tedes unha mostra do que vivenciamos.