jueves, 30 de abril de 2015

CONCERTO DE FRAUTA TRAVESERA

Hoxe Paula e Nerea de quinto, tocaron para nós un superconcerto de frauta travesera. Mirade qué artistas.



martes, 28 de abril de 2015

jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO.

Hoxe celebramos o día do libro,  da mellor forma posible LENDO.

Fixemos outra vez o apadriñamento lector e as lecturas en común.  Os padriños e afillados previamente escolleron libros axeitados. Na hora de ler os maiores recolleron ós seus afillados nas clases e baixamos a ler no campo de fútbol, Tivemos moita sorte co tempo que nos acompañou para celebrar esta data por todo o alto.

´pincha na imaxe para ver o video.

A última hora, bibli, regalounos un libro  a cada un.



XOVES MUSICAIS GAITEIRAS DE 5º

Hoxe tivemos un novo concerto musical, as gaiteiras de quinto tocaron dúas pezas e algunhas compañeiras non poideron resistirse a acompañalas cos seus cánticos.

Despóis ensináronnos as partes das gaitas e explicáronnos o tempo que levan tocando e o que lles gusta tocar.

miércoles, 22 de abril de 2015

MÉRCORES MATEMÁTICOS

Hoxe comenzamos con outra actividade na nosa biblioteca, os mércores matemáticos. Os alumnos de primeiro, segundo e terceiro curso, podedes vir e responder as preguntas,  acertixos ou xogos matemáticos que atoparedes.

Bibli premiará con biblipuntos a vosa participación

jueves, 16 de abril de 2015

Xoves musical minibanda

Hoxe amenizáronnos unha pequena mostra da minibanda. Deixámosvos os vídeos para que disfrutedes tanto coma nós.







martes, 14 de abril de 2015

COMENZAN OS LUNS MATEMÁTICOS



Comenzamos unha nova actividade neste curso adicado ás matemáticas.

Todos os martes bibli propondranos un cuadernilla para cubrir en parellas durante a hora do recreo é totalmente voluntario pero Bibli aínda non se pode crer a gran participación desta semana.

21 parellas demostraron o seu interes polas matemáticas divertidas.

Moitas gracias a todos.