viernes, 27 de febrero de 2015

XOVES MUSICAL

Hoxe tivemos concerto de guitarra a cargo de  Candela e Camille de sexto, non se poden queixar de público, na biblioteca xa non cabía nin un alfiler.

Bibli esté encantada coas vosas actuacións.




video video






video
Gracias por participar

miércoles, 25 de febrero de 2015

ANIVERSARIO DE ROSALÍA

Onte celebraría Rosalía178 anos, aínda que ela non está xa con nós, acompáñanos a súa obra.

Dende o colexio queremos rendirlle unha homenaxe a máis importante poetisa galega.

O vindeiro 6 de marzo leremos no salón de actos unha escolma das súas poesías.

Podedes atopar os poemas de Rosalía para escollelos na nosa biblioteca.

E eiquí tedes enlaces para saber mais sobre ela.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/421

http://www.acaixademusicademanuelgarcia.blogspot.com.es/p/rosalia.html

Como podedes ver nestos enlaces traballámola dende os diferentes equipos e aulas.

jueves, 12 de febrero de 2015

XOVES MUSICAIS

ALUMNOS E ALUMNAS DE CUARTO
Eiquí tedes a actuación dos alumnos de cuarto.

video
video

video

viernes, 6 de febrero de 2015

NOVO BIBLINFÓRMATE!!!!




Xa tedes na biblioteca os biblinfórmate sobre o día da paz. Por favor, recollede a folla de participación, formade un equipo e deixalo na biblicaixa.

Tedes ata o día 12 de febreiro


XOVES MUSICAL 5-2-15

Hoxe tivemos unha nova actuaciós d@s nen@s de cuarto de primaria. Entre todos cantaron a canción  coa que celebramos o 30 de xaneiro o día da paz con linguaxe de signos. 




Despois Brais de Oliveira deunos un concerto de trombón. Primeiro estaba moi nervioso pero fíxono fenomenal e disfrutamos todos da súa música.

Continúa practicando porque encantounos verte facelo tan ben.

 Bibli está abraiada coa cantidade de artistas que temos no cole.