Entradas

Mostrando entradas de 2015

Marabillosos encargados

Imagen

Proposta de Bibli para celebrar o Samaín.

Imagen
Como todos os anos, Bibli proponnos unha actividade para realizar con calma e voluntariamente nas casas con toda a familia. Este ano aos nenos de infantil e primeiro ciclo entrégalles  unha casa encantada e tedes que agochar detrás dela os monstros que queirades. Decorádea, recortade polos puntos e pegade unha folla por detrás onde peguedes os vosos monstros. Para os nenos de segundo e terceiro ciclo propón inventar unha historia sobre os monstros que viven nesta casa. Deixade voar a imaxinación e disfrutade en familia desta actividade.

Celebremos o Samaín.

Na páxina principal do cole tedes un apartado para coller ideas sobre a festa e a celebración do Samaín. Aquí tedes o acceso directo. Disfrutádeo. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/397

Inauguramos un novo curso

Imagen
O 1 de outubro Bibli abre as súas portas. Pasou previamente por todas as clases para avisarnos de que xa podemos visitala e descubrir moitas aventuras nos libros que ten gardados.  Pediunos que non a deixemos soiña nos recreos e que veñamos a facerlle visitas polas tardes, promete facernos pasar momentos moi divertidos e abrirmos os ollos para coñecer un mundo marabilloso.

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Mañá xoves 1 de outubro inauguraremos a biblioteca escolar. Bibli agárdavos con ilusión. Participade en todas as actividades pero sobre todo  " DISFRUTADE DA LECTURA"

Concerto de Brais Oliveira e Mauro

Outro xoves máis, seguimos disfrutando cos nosos artistas. 

Empezamos os venres e martes lectores con quinto.

Os nenos de quinto de primaria, fixeron narracións na súa clase e estaban tan gabosos delas que quixeron que todos poidesemos escoitar os seus relatos. Non foi doado, primeiro fixeron grupos, pensaron a historia, discutiron e chegaron a acordos. Esforzáronse por presentalas o mellor posible e ensaiaron a entonación adecuada. Buscaron unha música apropiada e eiquí tedes o resultado.

Concerto de nenos de quinto e catro anos 28-5-15

Hoxe tivemos doble concerto primeiro cantaron os nenos de quinto acompañados de instrumentos Despois os nenos de catro anos cantaron e bailaron dúas cancións

Os de cuarto voltan a ser protagonistas xoves 21-5-15

Menuda clase tan musiqueira, a estes nenos encántalles cantar e bailar e mirade cómo o demostran, Gracias chicos por participar tanto. Gracias Ana por animalos sempre.

A festa dos maios.

Imagen
Este ano promovido polo EDLG fixemos as festa dos maios. Recollimos información sobre a festa en libros e na web para así  prepararmos  para celebrala no cole. Vivenciamos nunha xornada escolar o traballo cooperativo necesario para levar a cabo un proxecto no que é realmete necesario a comunidade. Un pouco de esforzo de cada un é necesario para poder facer un maio tan grande e tan fermoso coma o noso. Cada titoría preparou as súas coplas e o baile practicáronno na clase de música. Unha experiencia única na que poidemos disfrutar do traballo e ver que os esforzo común é moi valioso e necesario, un xeito de vivenciar a cultura popular e a importancia da comunidade nos pobos galegos. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/440

Día das letras galegas

Imagen
Hoxe celebramos no cole o día das letras galegas. Todos os cursos tiñan a súa disposición os diferentes materiais que o equipo de TICS e  EDLG  subiron á páxina web do cole para poder traballar nas aulas. Na hora de ler, reunímonos no salón de actos para compartir o aprendido cos outros cursos. Neste enlace tedes o vídeo da celebración http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/439

XOVES MUSICAL CON RITMO

Hoxe as nosas Noas e Jaime de segundo bailaron seguindo o ritmo da canción "Imos á praia". Fixádevos en Bibli o ben que lles seguía o ritmo. Gracias pola participación e animádevos a seguir participando.

As familias tamén contan

Imagen
Durante os meses de abril e maio, as familias de infantil viñeron ó noso cole a contarnos contos e historias, como todos os anos quedamos abraiados coa alta participación e o interese co que se tomaron a actividade. Estamos seguros de que estas actividades sirven para aumentar as ganas de ler e para mellorar e afianzar as boas relacións familia-escola. Moitísimas gracias a todos por cedernos parte do voso tempo e cariño.

Xoves musical, actuación dos nen@s de cuarto con linguaxe de signos

Os nen@s de cuarto actuaron na bibli cantándonos unha canción con linguaxe de signos.

Visita de Paco Nogueiras

Hoxe visitounos Paco Nogueiras, gracias á nosa suscripción á editorial Kalandraka. Os nenos de infantil fixemos unha hora de ler especial na biblioteca. Pasámolo fenomenal cos contos e os cantos eiquí tedes unha mostra do que vivenciamos.

CONCERTO DE FRAUTA TRAVESERA

Hoxe Paula e Nerea de quinto, tocaron para nós un superconcerto de frauta travesera. Mirade qué artistas.

3º CUADERNO

DÍA DO LIBRO.

Imagen
Hoxe celebramos o día do libro,  da mellor forma posible LENDO. Fixemos outra vez o apadriñamento lector e as lecturas en común.  Os padriños e afillados previamente escolleron libros axeitados. Na hora de ler os maiores recolleron ós seus afillados nas clases e baixamos a ler no campo de fútbol, Tivemos moita sorte co tempo que nos acompañou para celebrar esta data por todo o alto. ´pincha na imaxe para ver o video. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/436 A última hora, bibli, regalounos un libro  a cada un.

XOVES MUSICAIS GAITEIRAS DE 5º

Imagen
Hoxe tivemos un novo concerto musical, as gaiteiras de quinto tocaron dúas pezas e algunhas compañeiras non poideron resistirse a acompañalas cos seus cánticos. Despóis ensináronnos as partes das gaitas e explicáronnos o tempo que levan tocando e o que lles gusta tocar.

MÉRCORES MATEMÁTICOS

Hoxe comenzamos con outra actividade na nosa biblioteca, os mércores matemáticos. Os alumnos de primeiro, segundo e terceiro curso, podedes vir e responder as preguntas,  acertixos ou xogos matemáticos que atoparedes. Bibli premiará con biblipuntos a vosa participación

SEGUNDO CADERNO DOS LUNS MATEMÁTICOS

Imagen

Xoves musical minibanda

Hoxe amenizáronnos unha pequena mostra da minibanda. Deixámosvos os vídeos para que disfrutedes tanto coma nós.

COMENZAN OS LUNS MATEMÁTICOS

Imagen
Comenzamos unha nova actividade neste curso adicado ás matemáticas. Todos os martes bibli propondranos un cuadernilla para cubrir en parellas durante a hora do recreo é totalmente voluntario pero Bibli aínda non se pode crer a gran participación desta semana. 21 parellas demostraron o seu interes polas matemáticas divertidas. Moitas gracias a todos.

XOVES MUSICAL COS DE TRES ANIÑOS

http://pasoapasoconanab.blogspot.com.es/2015/04/xoves-musicais.html

XOVES MUSICAIS EN INGLÉS

Tivemos a actuación de moitos dos nosos  alumnos na que demostraron os seus avances na lingua inglesa. Bibli está encantada coa gran participación.

Sesión de contacontos con Raquel Queizás

Imagen
Hoxe tivemos a gran sorte de contar outra vez no cole cos contos contados por Raquel Queizás. Tivemos dúas sesións, unah cos nenos de primeiro ciclo e logo os nenos  de infantil. Viaxamos no autobús da selva con ela e tamén deixámonos tragar por unha mesa. Algún pasouno de medo co conto de cocorico. Como podedes ver nas fotos non deixou a ninguén indiferente. ( Pincha na imaxe) http://photopeach.com/album/14lil6e Raquel tes as portas da nosa biblioteca abertas para cando queiras ou poidas voltar. Os nenos de Oia xa te botamos de menos. Gracias por compartir a túa arte con nós.

XOVES MUSICAL

Hoxe tivemos concerto de guitarra a cargo de  Candela e Camille de sexto, non se poden queixar de público, na biblioteca xa non cabía nin un alfiler. Bibli esté encantada coas vosas actuacións. Gracias por participar

ANIVERSARIO DE ROSALÍA

Imagen
Onte celebraría Rosalía178 anos, aínda que ela non está xa con nós, acompáñanos a súa obra. Dende o colexio queremos rendirlle unha homenaxe a máis importante poetisa galega. O vindeiro 6 de marzo leremos no salón de actos unha escolma das súas poesías. Podedes atopar os poemas de Rosalía para escollelos na nosa biblioteca. E eiquí tedes enlaces para saber mais sobre ela. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/421 http://www.acaixademusicademanuelgarcia.blogspot.com.es/p/rosalia.html Como podedes ver nestos enlaces traballámola dende os diferentes equipos e aulas.

XOVES MUSICAIS

ALUMNOS E ALUMNAS DE CUARTO Eiquí tedes a actuación dos alumnos de cuarto.

NOVO BIBLINFÓRMATE!!!!

Imagen
Xa tedes na biblioteca os biblinfórmate sobre o día da paz. Por favor, recollede a folla de participación, formade un equipo e deixalo na biblicaixa. Tedes ata o día 12 de febreiro

XOVES MUSICAL 5-2-15

Imagen
Hoxe tivemos unha nova actuaciós d@s nen@s de cuarto de primaria. Entre todos cantaron a canción  coa que celebramos o 30 de xaneiro o día da paz con linguaxe de signos.  Despois Brais de Oliveira deunos un concerto de trombón. Primeiro estaba moi nervioso pero fíxono fenomenal e disfrutamos todos da súa música. Continúa practicando porque encantounos verte facelo tan ben.  Bibli está abraiada coa cantidade de artistas que temos no cole.

ACTUACIÓN DE XIANA DE SEGUNDO

Imagen
Hoxe Xiana tocounos o saxo. Explicounos as partes, montounos o instrumento e tocou tres partituras. É incrible a tranquilidade co que o fixo sabendo que é unha nena de sete anos. Parabéns Xiana, sigue así e chegarás a ser unha saxofonista  excepcional.

NOVA ACTUACIÓN NA BIBLIOTECA.

Imagen
Hoxe as alumnas de quinto prepararon un concerto de flauta travesera  e bombardino. Explicáronnos as partes que o forman e os anos que levan ensaiando e o moito que lles gusta a música.

PREPARÁNDONOS PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ

Imagen
O 30 de xaneiro celebraremos o día da paz no cole. Eiquí tedes os videos das cancións que cantaremos para que poidades ir practicando Pinchade nas imaxes para poder escoitar as cancións.

15 xaneiro xoves musical.

Imagen
Onte cantaron na nosa biblioteca os nenos de cuarto. Os profesores que estiveron presentes viñeron con bágoas nos ollos de emoción. Noroboa a mestra Ana por chegar coa música ao corazón e por suposto aos seus alumnos que tan ben o fixeron.