Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2014

NADAL NA BIBLIOTECA.

Imagen
Hoxe imos celebrar o Nadal na Biblioteca, a terceira hora a profe Erica vainos contar o conto do apalpador en sesións de 15 minutos a todos os ciclos. Na hora do recreo o alumnado de 2º a 6º de primaria cantarán os cantos de reis con que amenizarán as clases na nosa biblioteca. O equipo de normalización fixo unha escolla de páxinas para traballar e informarnos sobre o Apalpador. E tivemos a grandísima sorte de ter con nós o apalpador para despedir o primeiro trimestre, Veu á nosa biblioteca e conounos  a súa historia cun kamisibai,os nosos rapaces quedaron encantados coa súa visita.

Xuntanza club de lectura de pais

Imagen
Hoxe reunímonos por segunda vez no club de lectura de pais, estivemos aprendendo a utilizar programas para descargar e compartir os libros electrónicos. Sorte que temos a Juanjo que nos deu un marabilloso cursiño que todos aproveitamos. Creamos unha conta de correo para subir e compartir libros o que estea interesado que nos pida os contrasinais.

Actuación dos nen@s de cinco anos

Imagen
Os nen@s da clase de cinco anos, cantáronnos onte dous contos. O auditorio quedou encantado como podedes ver.

Xa temos novo cartel

Imagen
O xoves 4 de decembro  os nenos de cinco anos farán unha actuación na biblioteca. Esta é a súa presentación