viernes, 21 de noviembre de 2014

DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

O 20 de novembro celébrase os días dos dereitos dos nen@s neste enlace podes buscar ideas para celebralo.

Busquemos que os nosos alumn@s saiban valorar e facer valer os seus dereitos.


Este é o mural que fixeron os nenos de 5º de primaria en educación en valores.

PRIMEIRO XOVES MUSICAL.

Coa chegada da profe Ana Domínguez Senlle, a nova profe de música, comenzamos unha nova actividade, os "xoves musicais".

Os alumnos preparan a súa actuación e encarganse tamén de preparar o cartel para a súa publicidade.

Onte actuaron Anxo Aldea tocando a trompa  e a auxiliar de conversa Dayna Cleland coa tuba.

Foi unha gozada poder disfrutar todos xuntos da música.

Temos moita lista de espera xa que no noso pobo hai moita actividade musical, uns alumnos van ó conservatorio outros pertencen a bandas de música e outros a grupos de baile e música popular.





miércoles, 5 de noviembre de 2014

Comenzamos un novo club de lectura. CLUB DE PAIS!!!!!

Hoxe empezamos o  club de lectura de pais.  Pasamos unha tarde estupenda comentando os nosos libros favoritos.

Acordamos que en principio non imos ler todos un mesmo libro, porque cada un de nós temos gustos diferentes e queremos disfrutar da lectura e namorarnos dos libros sin tempos nin obligacións.

Valoramos positivamente este tempo de encontro ó redor dos libros, comentamos tamén de cine e dalgunha receita de cociña.

Esperamos que ó longo do ano vaian incorporándose mais libroadictos.