COMENZO DUN NOVO CURSO

Comenzamos un novo curso con moita ilusión e novas ideas e inquedanzas.

A apertura da biblioteca foi o 1 de outubro e estamos encantados da cantidade de nenos que disfrutan nela. O préstamo deste mes é moi alto, sobre todo porque estanse creando as bibliotecas de aula, pero encántanos ver que a biblioteca énchese todos os días nos recreos.

Esta semana comenzamos os clubes de lectura cunha alta participación cada neno/a levou unha carpetiña con marcapáxinas, libreta, boli e o libro proposto.

Os pais estanse apuntando para formar o primeiro club de lectura, comenzaremos a primeira xuntanza o primeiro mércores de novembro.

Este ano traballaremos dende todos os cursos a educación para o lecer e tempo libre e dende a biblioteca temos un gran traballo.


Comentarios

Entradas populares de este blog