jueves, 18 de diciembre de 2014

NADAL NA BIBLIOTECA.

Hoxe imos celebrar o Nadal na Biblioteca, a terceira hora a profe Erica vainos contar o conto do apalpador en sesións de 15 minutos a todos os ciclos. Na hora do recreo o alumnado de 2º a 6º de primaria cantarán os cantos de reis con que amenizarán as clases na nosa biblioteca.

O equipo de normalización fixo unha escolla de páxinas para traballar e informarnos sobre o Apalpador.



 APALPADOR







E tivemos a grandísima sorte de ter con nós o apalpador para despedir o primeiro trimestre, Veu á nosa biblioteca e conounos  a súa historia cun kamisibai,os nosos rapaces quedaron encantados coa súa visita.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Xuntanza club de lectura de pais

Hoxe reunímonos por segunda vez no club de lectura de pais, estivemos aprendendo a utilizar programas para descargar e compartir os libros electrónicos. Sorte que temos a Juanjo que nos deu un marabilloso cursiño que todos aproveitamos.

Creamos unha conta de correo para subir e compartir libros o que estea interesado que nos pida os contrasinais.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Actuación dos nen@s de cinco anos

Os nen@s da clase de cinco anos, cantáronnos onte dous contos.


ACTUACION NA BIBLIOTECA


O auditorio quedou encantado como podedes ver.




miércoles, 3 de diciembre de 2014

Xa temos novo cartel

O xoves 4 de decembro  os nenos de cinco anos farán unha actuación na biblioteca. Esta é a súa presentación

viernes, 21 de noviembre de 2014

DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

O 20 de novembro celébrase os días dos dereitos dos nen@s neste enlace podes buscar ideas para celebralo.

Busquemos que os nosos alumn@s saiban valorar e facer valer os seus dereitos.


Este é o mural que fixeron os nenos de 5º de primaria en educación en valores.

PRIMEIRO XOVES MUSICAL.

Coa chegada da profe Ana Domínguez Senlle, a nova profe de música, comenzamos unha nova actividade, os "xoves musicais".

Os alumnos preparan a súa actuación e encarganse tamén de preparar o cartel para a súa publicidade.

Onte actuaron Anxo Aldea tocando a trompa  e a auxiliar de conversa Dayna Cleland coa tuba.

Foi unha gozada poder disfrutar todos xuntos da música.

Temos moita lista de espera xa que no noso pobo hai moita actividade musical, uns alumnos van ó conservatorio outros pertencen a bandas de música e outros a grupos de baile e música popular.





miércoles, 5 de noviembre de 2014

Comenzamos un novo club de lectura. CLUB DE PAIS!!!!!

Hoxe empezamos o  club de lectura de pais.  Pasamos unha tarde estupenda comentando os nosos libros favoritos.

Acordamos que en principio non imos ler todos un mesmo libro, porque cada un de nós temos gustos diferentes e queremos disfrutar da lectura e namorarnos dos libros sin tempos nin obligacións.

Valoramos positivamente este tempo de encontro ó redor dos libros, comentamos tamén de cine e dalgunha receita de cociña.

Esperamos que ó longo do ano vaian incorporándose mais libroadictos.

miércoles, 22 de octubre de 2014

V CERTAMEN SAMAÍN. QUÉ HAI BAIXO A CAMA?


BIBLI, PROPONVOS UNHA NOVA ACTIVIDADE . 

INFANTIL E PRIMEIRO CICLO TEDES QUE DECORAR A CAMA, PICAR A COLCHA E PEGAR POR DETRÁS OS POSIBLES MONSTRUOS QUE PODEN APARECER. 

OS DE SEGUNDO E TERCEIRO CICLO FAREDES UNHA REDACCIÓN SOBRE O QUE PODE ESTAR PASANDO DEBAIXO DA CAMA.

RECOLLE A FOLLA DE PARTICIPACIÓN NA BIBLIOTECA, LÉVAA PARA CASA E RECHEA COA TÚA IMAXINACIÓN.

ENTREGA O TEU TRABALLO NA BIBLICAIXA ANTES DO 3 DE NOVEMBRO.


OS QUE PARTICIPEDES LEVAREDES 1 BIBLIPUNTO!



miércoles, 15 de octubre de 2014

COMENZO DUN NOVO CURSO

Comenzamos un novo curso con moita ilusión e novas ideas e inquedanzas.

A apertura da biblioteca foi o 1 de outubro e estamos encantados da cantidade de nenos que disfrutan nela. O préstamo deste mes é moi alto, sobre todo porque estanse creando as bibliotecas de aula, pero encántanos ver que a biblioteca énchese todos os días nos recreos.

Esta semana comenzamos os clubes de lectura cunha alta participación cada neno/a levou unha carpetiña con marcapáxinas, libreta, boli e o libro proposto.

Os pais estanse apuntando para formar o primeiro club de lectura, comenzaremos a primeira xuntanza o primeiro mércores de novembro.

Este ano traballaremos dende todos os cursos a educación para o lecer e tempo libre e dende a biblioteca temos un gran traballo.


martes, 13 de mayo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS



BIBLI PROPONNOS UN ANO MAIS PARTICIPAR NA RESOLUCIÓN DUN BIBLIINFÓRMATE..

FORMA O TEU EQUIPO, RECOLLE O CADERNO NA ENTRADA, RECHEA AS CUESTIÓNS E MÉTEO NA BIBLICAIXA ANTES DO 30 DE MAIO.

PODES ACEDER Á INFORMACIÓN PINCHANDO NO SEGUINTE ENLACE.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/372

EIQUÍ TEDES OS TRABALLOS REALIZADOS NO COLE

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/377

martes, 6 de mayo de 2014

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO SOBRE EDUCACIÓN VIAL

Ó longo do curso, dende todas as clases traballamos a educación vial, no mes de febreiro conseguimos que viñeran a unidade educativa da DGT para facernos dúas xornadas de concienciación na que participou todo o colexio. No entroido todas as clases disfrazámonos facéndo alusión á temática , e o pasado mércores fixemos no salón de actos unha presentación das cousas que aprendimos en cada unha das aulas ao resto. Para poder investigar dende a biblioteca ofertamos o material que conquerimos dende a DGT e a fundación Maphre tanto material impreso, audiovisual como  informático.

Eiquí tedes unha mostra en fotos e vídeo da xornada de posta en común. (pincha no enlace)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/370

viernes, 25 de abril de 2014

23 ABRIL DÍA DO LIBRO

BIBLI INVITOUNOS A ESCOITAR CONTOS.

 OS NENOS DE INFANTIL FOMOS Á BIBLIOTECA E A PROFE MARI CONTOUNOS " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA


.


APROVEITANDO QUE ESTE ANO TODO O COLE TRABALLAMOS  NUN PROXECTO DE EDUCACIÓN VIAL, OS DE PRIMEIRO CICLO, ESTIVERON NA AULA DE PRIMEIRO COA PROFE CHITI ESCOITANDO O LIBRO DA SELVA DE MARIO



OS DE SEGUNDO CICLO ESCOITARON O CONTO DE CANDO PAPA NOEL SACO EL CARNET DE CONDUCIR
Cuando Papá Noel se compró un camion

http://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/images/cuando-papa-noel_tcm164-50192.pdf

OS DE TERCEIRO CICLO, ESTABAN DE ESCURSIÓN NA CORUÑA NO MUNCYT. UNHA BOA EXPERIENCIA PARA CELEBRAR O ESLOGAN DE LER CENCIA!!!!!


OS NENOS COMA SEMPRE PARTICIPARON ENCANTADOS, E NÓS ESPERAMOS QUE ESTAS ACTIVIDADES SIRVAN PARA TENERLLE MAIS AGARIMO ÓS LIBROS.

miércoles, 2 de abril de 2014

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

HOXE NA BIBLIOTECA EXPUSEMOS O TRABALLO INTERCICLOS QUE FIXEMOS OS NENOS DE 5 ANOS E OS DE SEXTO CURSO SOBRE O LIBRO DO SACAPENAS DE ANTHONY BROWNE DA EDITORIAL KALANDRAKA.

NA CLASE DE CINCO ENCANTANOS ESE LIBRO E QUISEMOS FACER OS NOSOS PROPIOS SACAPENAS, PRIMEIRO FIXEMOS UNS CON PAOS DE MADEIRA E GOMA EVA PERO PARA FACER UNS CON OUTROS MATERIAIS PEDÍMOSLLES AXUDA OS MAIORES.

ESTÁ CLARO QUE CON ESTES SACAPENAS PERSONALIZADOS NUNCA MAIS TEREMOS PESADELOS POLAS NOITES, ELES VAN DEFENDERNOS.

A QUE QUEDÁRONNOS MOI CHULOS?

COS TRABALLOS DO LIBRO DE PACO PAPÁN  FIXEMOS UN NOVO LIBRO XIGANTE PARA A NOSA BIBLIOTECA










martes, 25 de marzo de 2014

21 MARZO, DÍA DA POESÍA.

O 21 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA.NO SALÓN DE ACTOS FIXEMOS UNHA POSTA EN COMÚN DE TODO O TRABALLADO NAS CLASES CO MOTIVO DESTA DATA.




NO ENLACE PODEDES VER OS VÍDEOS DA EXPOSICIÓN DO TRABALLADO NAS CLASES.

sábado, 8 de marzo de 2014

mulleres na historia

  Eiquí tedes un enlace para poder visualizar documentales sobre diferentes mulleres importantes na historia


http://www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-historia-rosalia-castro-feminista-sombra/839573/

viernes, 14 de febrero de 2014

HOXE, 14 DE FEBREIRO DE 2014 CELEBRAMOS O DÍA DO AMOR E DA AMIZADA. POLA MANÁN RECIBIMOS UNHA INVITACIÓN PARA PARTICIPAR NA CREACIÓN DUN LIBRO AMOROSO.



OS NENOS DE 5 ANOS ESTIVERON AXUDANDO PARA DECORAR A BIBLIOTECA E ADORNARON OS GLOBOS MIRADE QUE BONITOS QUEDARON.





martes, 11 de febrero de 2014

VISITA ILUSTRADOR MARC TAGER E CONTACONTOS DE OLALLA

HOXE VISITÁRONNOS MARC E OLALLA E FIXÉRONNOS DISFRUTAR MOITÍSIMO CONTÁNDONOS CONTOS E PINTÁNDOOS. EIQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE DISFRUTAMOS TODOS.

http://youtu.be/sgrlLT30Lao  OLALLA, MARC, XA SABEDES QUE NESTA ESCOLA TEREDES SEMPRE AS PORTAS ABERTAS, MOITÍSIMAS GRACIAS POR FACERNOS PASAR UNHA MAÑANA TAN DIVERTIDA E  POR COMPARTIR CON NÓS A MAXIA DOS CONTOS.

PINCHADE NA IMAXE E VOLVEDE A DISFRUTAR

sábado, 8 de febrero de 2014

videos muller traballadora

http://www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-historia-rosalia-castro-feminista-sombra/839573/

viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

ONTE CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DA PAZ.

ANTES DO RECREO REUNÍMONOS POR CURSOS E VISIONAMOS 3 PELÍCULAS DISTINTAS.

OS NENOS DE INFANTIL VIRON O PARRULO FEO; 1º,2º E 3º DE PRIMARIA BICHOS ; E 4º,5º E 6º LALIA.

AGORA PROPOÑÉMOSVOS DENDE A BIBLIOTECA SEGUIR REFLEXIONANDO E APRENDENDO A PARTIR DE ELAS.

FORMADE  UN EQUIPO, RECOLLEDE NA BIBLIOTECA OS BIBLIINFÓRMATE QUE ATOPAREDES NA ENTRADA E ENTRÉGAOS ANTES DO VENRES 7 DE FEBREIRO.

PARA PODER CUBRILO, OS DE 4º 5º  e 6º  ADEMÁIS DA VOSA MEMORIA PODEDES UTILIZAR  OS SEGUINTES ENLACES.


(pincha na imaxe)o