jueves, 26 de abril de 2012

Harold y el lápiz morado

Podedes visualizar o conto que limos o día do libro pinchando na imaxe. Servirá de base para crear os nosos libros de cores por aula.

Deixemos voar a imaxinación como Harold.



"Un adulto creativo é un neno que sobreviviu".

miércoles, 18 de abril de 2012

CADERNO DE INVESTIGACIÓN DE ABRIL, MES DO LIBRO.

O mes de abril coñecémolo como o mes do libro. Bibli proponvos  un novo caderno de investigación
Recolledeo na biblioteca, formade un equipo e tedes ata o 30 de abril para investigar e completalo..

Aquí tedes o enlace para descubrir cousas sobre HANS CHRISTIAN ANDERSEN


Tamén atoparedes información moi valiosa nos andeis da biblioteca.


Espero a vosa participación. E non esquezades que o esforzo será recompensado con BIBLIPUNTOS. Xa queda menos tempo para canxealos...

lunes, 16 de abril de 2012