Entradas

Mostrando entradas de 2012

HOMENAXE

As nenas e os nenos do 2º e 3º ciclo recordan a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro

DEREITOS DENDE A BIBLIOTECA

Imagen
Hoxe, no salón de actos, xuntámonos para conmemorar o "Día dos Dereitos dos nenos e das nenas". Cada aula traballou un dereito e presentou o seu traballo ao resto dos compañeiros e compañeiras do cole. Dende a biblioteca presentamos un novo caderno de investigación sobre esta data para que vos xuntedes e resolvades as diferentes actividades propostas para conseguir "biblipuntos". Tedes de plazo ata o vindeiro día 30 e seguide participando ca mesma ilusión. QUE TODOS OS DEREITOS SE RESPETEN HOXE E SEMPRE.   Para buscar información prema nas imaxes  

O regreso de Bibli

A biblioteca xa está en marcha. O novo equipo está deseñando novas propostas para a súa dinamización.  Bibli, a nosa mascota, regresou o venres da súa viaxe, contounos o seu percorrido por as distintas bibliotecas escolares e trae propostas moi, pero que moi interesantes! Bibli visita as aulas e reparte agasallos. 

LETRAS GALEGAS 2012 VALENTÍN PAZ ANDRADE

Imagen
Este ano adicamos o día das letras galegas a Valentín Paz Andrade. Bibli propón un novo caderno de investigación para infantil e primeiro ciclo e outro para segundo e terceiro ciclo. Como sempre, formade un equipo e recollede os cadernos na biblioteca. Podedes investigar nos carteis que están na entrada do colexio ou no seguinte enlace pinchando na imaxe. Tedes ata o vindeiro 1 de xuño para deixar as vosas respostas na caixa da biblioteca CANXEAREMOS TODOS OS BIBLIPUNTOS NO MERCADILLO DO 15 DE XUÑO.

Harold y el lápiz morado

Imagen
Podedes visualizar o conto que limos o día do libro pinchando na imaxe. Servirá de base para crear os nosos libros de cores por aula. Deixemos voar a imaxinación como Harold. "Un adulto creativo é un neno que sobreviviu".

CADERNO DE INVESTIGACIÓN DE ABRIL, MES DO LIBRO.

Imagen
O mes de abril coñecémolo como o mes do libro. Bibli proponvos  un novo caderno de investigación Recolledeo na biblioteca, formade un equipo e tedes ata o 30 de abril para investigar e completalo.. Aquí tedes o enlace para descubrir cousas sobre HANS CHRISTIAN ANDERSEN Tamén atoparedes información moi valiosa nos andeis da biblioteca. Espero a vosa participación. E non esquezades que o esforzo será recompensado con BIBLIPUNTOS. Xa queda menos tempo para canxealos...

O movemento da nosa biblioteca nun recreo.

RECREO NA BIBLIOTECA on PhotoPeach

Anxo lendo a súa poesía.

Imagen

Eliana lendo a súa poesía

Imagen

Noelia lendo a súa poesía.

Imagen

NOVO CADERNO DE INVESTIGACIÓN.

Imagen
Infórmate sobre as olimpiadas e consigue novos biblipuntos.  Forma un grupo de traballo, recolle o caderno de investigación na biblioteca e accede á información no seguinte enlace: Entrega o caderno antes do venres 24 de febreiro. ESPERÁMOSVOS.