ANA MARÍA MATUTE. PREMIO CERVANTES

Ana María Matute Ausejo (Barcelona, 26 de xullo de 1925), novelista española, membro da Real Academia Española, onde ocupa o asento K e a terceira muller que recibe o Premio Cervantes, obtido en 2010. Foi profesora convidada nas universidades de Oklahoma, Indiana e Virginia. Matute é unha das voces máis persoais da literatura española do século XX e é considerada por moitos como unha das mellores novelistas da posguerra española.

”Escribir es siempre protestar, aunque sea de uno mismo”. Ana María Matute


Para obter máis  información prema na imaxe


Lecturas. Por Ana María Matute

Ana María Matute escolleu seis contos breves do seu libro "Os nenos parvos", publicado orixinalmente en 1956 e que recompila vinte e un retratos de infancia. Como acostuma dicir a súa autora, estas páxinas non compoñen un libro para nenos senón sobre nenos.  Este volume reeditouse no ano 2000 acompañado polas ilustracións de Javier Olivares.

Para escoitar estes relatos lidos por Ana María Matute prema nesta imaxe

Comentarios

Entradas populares de este blog