Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011
Imagen
As series infantís de animación 'Caracois' e 'Os contos do camiño' comezan a emitirse en maio na tvG2. A partires do día 2 , os máis pequenos poderán ver as aventuras duns animaliños de xardín en "Caracois" en horario preeschool (de 7.30 a 8.00 horas) e de luns a venres. Tamén con esta periodicidade semanal comezará a súa emisión o día 16 " Os contos do Camiño", de 17 a 17.30 horas. En ambas series, OQO filmes adapta os álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación stop-motion. Deste xeito, os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos como: "A bruxa regañadentes", "Corre corre, cabaciña", "Chocolata", "Ollobrusco", "Rato Tom e Rata Tomasa", "A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín"...

ANA MARÍA MATUTE. PREMIO CERVANTES

Imagen
Ana María Matute Ausejo (Barcelona, 26 de xullo de 1925), novelista española, membro da Real Academia Española, onde ocupa o asento K e a terceira muller que recibe o Premio Cervantes, obtido en 2010. Foi profesora convidada nas universidades de Oklahoma, Indiana e Virginia. Matute é unha das voces máis persoais da literatura española do século XX e é considerada por moitos como unha das mellores novelistas da posguerra española. ”Escribir es siempre protestar, aunque sea de uno mismo”. Ana María Matute Para obter máis  información prema na imaxe Lecturas. Por Ana María Matute Ana María Matute escolleu seis contos breves do seu libro "Os nenos parvos", publicado orixinalmente en 1956 e que recompila vinte e un retratos de infancia. Como acostuma dicir a súa autora, estas páxinas non compoñen un libro para nenos senón sobre nenos.  Este volume reeditouse no ano 2000 acompañado polas ilustracións de Javier Olivares. Para escoitar estes relatos lidos por Ana María Mat

LECTURAS DAS NOSAS POESÍAS

Imagen
Bibli convocounos para crear e ler as nosas poesías. Aquí tedes o resultado.