Entradas

Mostrando entradas de 2011

NOVOS CADERNOS DE INVESTIGACIÓN.

Participade neste caderno de investigación sobre a PRIMEIRA SEMANA DA FROITA . Os nen@s de 5 anos, 1º e 2º cubriredes un caderno e os de 3º,4º,5º e 6º outro diferente. A información atoparédela nos enlaces e tamén no taboleiro da biblioteca. A data límite de entrega será o 2 de decembro. FORMADE UN BO EQUIPO E GAÑADE MOITOS BIBLIPUNTOS que cambiaredes por agasallos ao final de curso.                                          QUE O SABER VOS ACOMPAÑE

COMENZO DUN NOVO CURSO

Ola a todos: Comezamos un novo curso con moita ilusión, esperámosvos!. Que a vosa presencia e utilización sexa igual ou máis intensa ca do curso anterior.

ATA SEMPRE XOÁN FARIAS

Imagen
O 11 de xuño deixounos Xoán Farias, un grande da literatura infantil e xuvenil. Seguiremos camiñando e navegando polos teus libros. Grazas Xoán.

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Imagen
Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte : Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristal

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS NO COLEXIO

Imagen
Desde a biblioteca propómosvos o seguinte caderno de traballo; participade e poderedes gañar moitos biblipuntos. Caderno de traballo sobre os xogos populares e tradicionais celebrados o pasado luns no cole. Xogos populares 11 View more presentations Prena na imaxe para obter información

LETRAS GALEGAS 2011. LOIS PEREIRO

Imagen
Achégase o día das letras galegas; este ano dedicado ao poeta Lois Pereiro . Desde a biblioteca propómosvos o seguinte caderno de traballo; participade e poderedes gañar moitos biblipuntos. Caderno de traballo letras galegas Normas do concurso View more documents Para obter información prema na imaxe
Imagen
As series infantís de animación 'Caracois' e 'Os contos do camiño' comezan a emitirse en maio na tvG2. A partires do día 2 , os máis pequenos poderán ver as aventuras duns animaliños de xardín en "Caracois" en horario preeschool (de 7.30 a 8.00 horas) e de luns a venres. Tamén con esta periodicidade semanal comezará a súa emisión o día 16 " Os contos do Camiño", de 17 a 17.30 horas. En ambas series, OQO filmes adapta os álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación stop-motion. Deste xeito, os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos como: "A bruxa regañadentes", "Corre corre, cabaciña", "Chocolata", "Ollobrusco", "Rato Tom e Rata Tomasa", "A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín"...

ANA MARÍA MATUTE. PREMIO CERVANTES

Imagen
Ana María Matute Ausejo (Barcelona, 26 de xullo de 1925), novelista española, membro da Real Academia Española, onde ocupa o asento K e a terceira muller que recibe o Premio Cervantes, obtido en 2010. Foi profesora convidada nas universidades de Oklahoma, Indiana e Virginia. Matute é unha das voces máis persoais da literatura española do século XX e é considerada por moitos como unha das mellores novelistas da posguerra española. ”Escribir es siempre protestar, aunque sea de uno mismo”. Ana María Matute Para obter máis  información prema na imaxe Lecturas. Por Ana María Matute Ana María Matute escolleu seis contos breves do seu libro "Os nenos parvos", publicado orixinalmente en 1956 e que recompila vinte e un retratos de infancia. Como acostuma dicir a súa autora, estas páxinas non compoñen un libro para nenos senón sobre nenos.  Este volume reeditouse no ano 2000 acompañado polas ilustracións de Javier Olivares. Para escoitar estes relatos lidos por Ana María Mat

LECTURAS DAS NOSAS POESÍAS

Imagen
Bibli convocounos para crear e ler as nosas poesías. Aquí tedes o resultado.

DÍA DA PAZ

Imagen
Recompilatorio de recursos para traballar o Día da Paz; elaborado polo equipo de biblioteca do CEIP Víctor Saenz (Mazaricos).