MES DA BIBLIOTECA

O proxecto de actividades da nosa biblioteca comeza a navegar neste inicio de curso.

Chegaron as novidades máis fresquiñas aos nosos andeis, comezou a hora de ler, abriuse de novo no taboleiro do recuncho, unhas listaxes para que se apunten os nenos e nenas do 3º ciclo que queiran colaborar como axudantes de biblioteca e para os que desexen participar no club de lectura .
Teremos unha reunión para a formación e guía de usuarios coa encargada da biblioteca e poremos en marcha as mochilas viaxeiras.

Deixámosvos aquí o cartel de Marina Seoane co que Asesoría de Bibliotecas Escolares nos agasalla neste comezo de curso, para lembrar que a biblioteca escolar ofrece un mundo de posibilidades. Tamén desde a asesoría presentan, como é habitual nestas datas, os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, onde Sofia estará os días 29 e 30 de outubro.




Comentarios

Entradas populares de este blog