miércoles, 26 de mayo de 2010

UXIO NOVONEYRA VISTO POLAS NOSAS FAMILIAS

Durante estas semanas traballamos coa figura e obra de Uxío Novoneyra a través das diversas páxinas que algúns coles colgaron e que de verdade son traballos moi dignos e de gran valía. Grazas a todos eles polas aportacións.

Dende a nosa biblioteca quixemos rematar este mes de maio, despedindo a Uxío, cunha proposta para as nosas familias.
Enviamos unha foto para que, poñendo mans a obra, decorasen ao noso escritor e o puxesen máis guapo. Cos traballos presentados montamos unha exposición
; como podedes ver nas fotos temos grandes artistas en Oia.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES



domingo, 23 de mayo de 2010

OS MONSTROS DE 3 ANOS

Os cativos do cole, os da aula de 3 anos, non lle teñen medo a nada porque a partires do conto "ONDE VIVEN OS MONSTROS"que colleron na biblioteca, fixeron un miniproxecto sobre eles.
Cada un debuxou a o seu monstro favorito; un ten colmillos, outro é peludo, outro pelado, de cor violeta, outro terrible, con forma de patata...
Fixádevos que mural tan monstruoso podedes atopar na clase de 3.

!QUE MEDO¡



martes, 4 de mayo de 2010

UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR A FIGURA DE UXÍO NOVONEYRA

No CEIP de A Laxe elaboraron estas unidades didácticas para o alumnado de educación infantil e primaria.