MARZO, MES DA POESIA

........................................................................................................................................
Bibli toleou,
sabe que a primavera chegou
e o cole quere decorar
con debuxos para o ambiente animar.
Celebrándose no mes de marzo
a poesía na biblioteca
Bibli pediunos unha tarefa:
unha poesía dentro dun elemento da natureza.
Cada clase estivo pensa que pensa,
agora que facemos, con qué rima ésta.
Ao final Bibli tiña razón
somos todas e todos uns campións,
menudas poesías quedaron
sen falar da decoración.
Os pais ben poden estar orgullosos
teñen na casa uns grandes filósofos
pero non quero ser eu quen o diga
botádelle un ollo , sen prisa.
..........................................................................................................................................................................
..........................................................................................................................................................................
Así foi como un día apareceu nas diferentes clases unha carta de Bibli invitándonos a participar na decoración da entrada do cole cunha primavera poética.
Cada clase escolleu un elemento da estación para dentro deste unha poesía elaborada ou seleccionada.
O día 25 como broche final reunimonos todos na entrada presentando o traballo feito e facendo unha composición nun mural.
Aí tendes unha mostra do noso traballo.
Esperamos que vos guste.

Comentarios

Entradas populares de este blog