viernes, 26 de marzo de 2010

POESÍAS CON BIBLI

Aquí tedes fotos das lecturas de poemas cos rapaces que quixeron ler. Apuntáronse moit@s nen@s pero foi incríble a cantidade deles que acudiron como audiencia.

Cada participante recibiu un diploma en agradecemento pola súa participación .

Comentario dunha nena de 3 anos a súa titora.

¡QUE CONTOS MAIS BONITOS LEÍAN OS MAIORES NA BIBLIOTECA, PROFE!





martes, 23 de marzo de 2010

VIDEO

MARZO, MES DA POESIA

........................................................................................................................................
Bibli toleou,
sabe que a primavera chegou
e o cole quere decorar
con debuxos para o ambiente animar.
Celebrándose no mes de marzo
a poesía na biblioteca
Bibli pediunos unha tarefa:
unha poesía dentro dun elemento da natureza.
Cada clase estivo pensa que pensa,
agora que facemos, con qué rima ésta.
Ao final Bibli tiña razón
somos todas e todos uns campións,
menudas poesías quedaron
sen falar da decoración.
Os pais ben poden estar orgullosos
teñen na casa uns grandes filósofos
pero non quero ser eu quen o diga
botádelle un ollo , sen prisa.
..........................................................................................................................................................................
..........................................................................................................................................................................
Así foi como un día apareceu nas diferentes clases unha carta de Bibli invitándonos a participar na decoración da entrada do cole cunha primavera poética.
Cada clase escolleu un elemento da estación para dentro deste unha poesía elaborada ou seleccionada.
O día 25 como broche final reunimonos todos na entrada presentando o traballo feito e facendo unha composición nun mural.
Aí tendes unha mostra do noso traballo.
Esperamos que vos guste.

sábado, 6 de marzo de 2010

"I CERTAMEN DE POESÍA"


Da comezo un novo mes, sendo marzo un mes especial para eses libros cantaríns nos que sonan fermosas palabras, contando e cantando historias.
O recuncho está ambientado para a ocasión e a biblioteca ten un cheiro especial; cheiro a POESÍAS.

¿Non sabes que cheiro teñen as poesías? Pois anímate e ven a biblioteca os martes 9, 16 e 23 e disfruta coas lecturas de poesías que faremos. Se che apetece podes anótarte no taboleiro do recuncho, pon o teu nome e o título da poesía que queres ler.

!ESPERÁMOSVOS¡