Entradas

Mostrando entradas de 2010

I. CERTAMEN SAMAÍN 2010

Imagen
QUE MEDO ME DA!! Desde a biblioteca imos celebrar a festa do SAMAÍN , que medo!, nada diso, a nós encántannos as meigas, os monstros, as cabazas... Por iso propómosvos que os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo fagades uns debuxos terroríficos e que os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo escribades uns relatos de medo que se lerán a semana próxima nos recreos. Mirade a Bibli. Que medo!!!

MES DA BIBLIOTECA

Imagen
O proxecto de actividades da nosa biblioteca comeza a navegar neste inicio de curso. Chegaron as novidades máis fresquiñas aos nosos andeis, comezou a hora de ler, abriuse de novo no taboleiro do recuncho, unhas listaxes para que se apunten os nenos e nenas do 3º ciclo que queiran colaborar como axudantes de biblioteca e para os que desexen participar no club de lectura . Teremos unha reunión para a formación e guía de usuarios coa encargada da biblioteca e poremos en marcha as mochilas viaxeiras. Deixámosvos aquí o cartel de Marina Seoane co que Asesoría de Bibliotecas Escolares nos agasalla neste comezo de curso, para lembrar que a biblioteca escolar ofrece un mundo de posibilidades. Tamén desde a asesoría presentan, como é habitual nestas datas, os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia , onde Sofia estará os días 29 e 30 de outubro.

NOVO CURSO NOVAS ILUSIÓNS

Imagen

UNIDOS POR MIRÓ

QUE ARTISTAS TEMOS NO COLE!!!!! Os nenos de 5º e os de 3 aniños participaron neste proxecto conmemorando o 78 aniversario de Miró, organizado polas súas titoras: Alicia e Ana. Estas profes e nenos son uns auténticos artistas. E non o pensedes máis, quen queira pode visitar a exposición que hai na entrada do colexio para observar e disfrutar coas marabillosas obras destes nenos. Neste video tedes unha mostra do seu traballo.

UXIO NOVONEYRA VISTO POLAS NOSAS FAMILIAS

Imagen
Durante estas semanas traballamos coa figura e obra de Uxío Novoneyra a través das diversas páxinas que algúns coles colgaron e que de verdade son traballos moi dignos e de gran valía. Grazas a todos eles polas aportacións. Dende a nosa biblioteca quixemos rematar este mes de maio, despedindo a Uxío, cunha proposta para as nosas familias. Enviamos unha foto para que, poñendo mans a obra, decorasen ao noso escritor e o puxesen máis guapo. Cos traballos presentados montamos unha exposición ; como podedes ver nas fotos temos grandes artistas en Oia . GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES

OS MONSTROS DE 3 ANOS

Imagen
Os cativos do cole, os da aula de 3 anos, non lle teñen medo a nada porque a partires do conto " ONDE VIVEN OS MONSTROS "que colleron na biblioteca, fixeron un miniproxecto sobre eles. Cada un debuxou a o seu monstro favorito; un ten colmillos, outro é peludo, outro pelado, de cor violeta, outro terrible, con forma de patata... Fixádevos que mural tan monstruoso podedes atopar na clase de 3. !QUE MEDO¡

POEMAS DE UXÍO NOVONEYRA

Open publication - Free publishing - More uxio novoneyra

UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR A FIGURA DE UXÍO NOVONEYRA

No CEIP de A Laxe elaboraron estas unidades didácticas para o alumnado de educación infantil e primaria. Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010 View more documents from cenlf .

VISITAN A BIBLI OS NENOS E NENAS DA GALIÑA AZUL

Imagen
O mércores tivemos unha visita especial na biblioteca: os/as pequerrechos/as da Escola Infantil. Eles/as tamén festexaron este mes do libro con varias actividades e como non podía ser menos viñeron coñecer a nosa biblioteca. Estaban emocionados/as con tanta morea de libros e coa nosa mascota BIBLI que lles agasallou cun conto, un marcapáxinas e unha pegatina. Marcharon moi contentos/as sabendo que cando empece o novo curso eles/as disfrutarán deste fantástico lugar con moitas historias e aventuras por descubrir. Esperámosvos o vindeiro curso!!!

ENTREGA DE PREMIOS

Imagen
O xoves 29 entregáronse os premios do concurso do DÍA DO LIBRO. Non era nada fácil pero buscando entre libros e páxinas web estaban todas as respostas ás preguntas plantexadas. As gañadoras recibiron un agasallo polo seu esforzo e ilusión. Foron as seguintes: Alexandra, Marta, María, Lucía e Antía de 5º e Uxía de 3º. Grazas polo voso interese, chicas!!!

DÍA DO LIBRO

Imagen
Quixemos celebrar o DÍA DO LIBRO de forma sinxela pero sin deixalo pasar por alto. A mañá non daba para moito máis pero todos/as tivemos o noso momento na biblioteca. Os/as nenos/as de 5 anos e 1º ciclo, en colaboración coas familias, puidemos escoitar un conto de Pinocho que nos leu a mamá de Davi de 1º ; tamén escoitamos as historias reais que lle aconteceron á avoa de Paula de 5 anos así como lendas da historia do noso pobo contadas polos pais de Lucas e Pablo (de 1º e 2º). Os rapaces e rapazas máis pequenos/as, os de 3 e 4 anos, disfrutamos na biblioteca dun conto especial; o conto de "Lúa, lúa" de Kalandraka. Tivemos a sorte de escoitar o conto cantado polos/as compañeiros/as de 1º acompañados ao teclado por Alicia, a profe de música. Estivemos tan atentos que puidemos cantar todos xuntos esta fermosa historia. No 2º e 3º ciclo vimos un vídeo de como as imaxes tamén poden contar cousiñas ao igual que as palabras. O rematar puxémonos máns a obra e elaboramos as nosas

VISITA DE SUSANA LAMELA

Imagen
Tivemos a grandísima sorte de poder falar con SUSANA LAMELA a escritora de "Soños de Andel", o libro que nos deixaron os Reis Magos no Nadal aos nenos e nenas de 2º curso. Que ben o pasamos!... pois Susana recibiunos cunha chea de libros e contos moi divertidos. Tamén puidemos preguntarlle cousiñas (que só ela sabe) de ANI , a protagonista do seu conto, da bibliotecaria con cara de pingüín e dos demáis libros da biblioteca de LEMOITO... Que guai! A verdade é que o que máis nos gustou dela foi o seu soriso doce e alegre. Por todo iso e polo ben que nos recibiches GRAZAS SUSANA!!!

ZONA DE CONSULTA

O vindeiro venres 30 de abril, para rematar este mes adicado aos libros, inauguramos a “ZONA DE CONSULTA” na nosa biblioteca. Durante esta semana cada curso fixo unha sesión de formación de usuarios onde aprendimos como se organizan este tipo de libros, como se clasifican por cores e números coa CDU, cando os podemos consultar, como e cando se prestan... Que sorte temos de poder levar estes interesantísimos libros durante a fin de samana e canta información nos ofrecen.

CARTEL DO DÍA DO LIBRO

Imagen

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Imagen
............................................................................. APRENDEMOS A APRENDER BUSCANDO INFORMACIÓN O día 23 de abril celébrase o"Día do Libro". Bibli proponvos, para esta semana, descubrir por que se celebra este día e non outro. Tes na biblioteca as follas de participación; contesta ben as preguntas e recibirás un agasallo. As respostas podedes atopalas nos seguintes enlaces presionando nas imaxes ou nos libros de informacion da biblioteca. DÍA DO LIBRO 2010 1. Por que se celebra o "Día do Libro"? 2. Por que se celebra ese día ? 3. Escribe o nome de dous escritores que morreron o mesmo día que Cervantes. 4. Escribe o nome completo, lugar, ano do nacemento e morte de Cervantes. 5. Por que se lle chamou "O Manco de Lepanto"? 6. Sabes o nome completo da súa obra máis coñecida? 7. Escribe as palabras, coñecidas mundialmente, coas que empeza "EL QUIJOTE". DÍA DO LIBRO VIDA E OBRA DE CERVANTES Busca,busca e as respostas atopar

As nosas lecturas con Bibli

POESÍAS CON BIBLI

Imagen
Aquí tedes fotos das lecturas de poemas cos rapaces que quixeron ler. Apuntáronse moit@s nen@s pero foi incríble a cantidade deles que acudiron como audiencia. Cada participante recibiu un diploma en agradecemento pola súa participación . Comentario dunha nena de 3 anos a súa titora. ¡QUE CONTOS MAIS BONITOS LEÍAN OS MAIORES NA BIBLIOTECA, PROFE!

VIDEO

Imagen

MARZO, MES DA POESIA

........................................................................................................................................ Bibli toleou, sabe que a primavera chegou e o cole quere decorar con debuxos para o ambiente animar. Celebrándose no mes de marzo a poesía na biblioteca Bibli pediunos unha tarefa: unha poesía dentro dun elemento da natureza. Cada clase estivo pensa que pensa, agora que facemos, con qué rima ésta. Ao final Bibli tiña razón somos todas e todos uns campións, menudas poesías quedaron sen falar da decoración. Os pais ben poden estar orgullosos teñen na casa uns grandes filósofos pero non quero ser eu quen o diga botádelle un ollo , sen prisa. .......................................................................................................................................................................... ...................................................................................................................................................

"I CERTAMEN DE POESÍA"

Imagen
Da comezo un novo mes, sendo marzo un mes especial para eses libros cantaríns nos que sonan fermosas palabras, contando e cantando historias. O recuncho está ambientado para a ocasión e a biblioteca ten un cheiro especial; cheiro a POESÍAS. ¿Non sabes que cheiro teñen as poesías? Pois anímate e ven a biblioteca os martes 9, 16 e 23 e disfruta coas lecturas de poesías que faremos. Se che apetece podes anótarte no taboleiro do recuncho, pon o teu nome e o título da poesía que queres ler. !ESPERÁMOSVOS¡

PREMIOS Á AMIZADE

Tivo lugar na biblioteca a entrega de premios ás cartas de amizade que escribiron os nosos rapac@s. Moitas eran para amigos pero alguén escribiulle á súa mamá ou á súa profe. O importante e valorar o sentimento que xurde entre dúas persoas. O mellor de todo foron esas doces piruletas de corazón que os participantes recibiron e a caixiña de bombóns para os 5 gañadores do concurso. !NORABOA A TODOS¡

CARTA DE AMIZADE

Imagen
Bibli proponvos un concurso de Cartas de Amizade para este mes de febreiro. A biblioteca está ambientada e as bases do concurso colgadas no taboleiro así que ponte máns a obra e escribe unha bonita carta para a persoa que merece a túa amizade. Recibirás un agradable agasallo por participar.