lunes, 7 de mayo de 2018

VISITA OLGA CUERVO

Hoxe visitounos Olga Cuervo a contarnos varios contos.
Os nenos estiveron totalmente entregados, podedes velo nas imaxes.

Moitas gracias Olga, esperámoste cos brazos abertos sempre na nosa biblioteca







miércoles, 2 de mayo de 2018

HOXE CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS

Hoxa, na hora de ler, celebramos a festa dos maios todo o colexio gracias á colaboración dos pais da ANPA.

Os nenos trouxeron as flores de casa e as familias onte reuníronse onte para montalo.

Cada clase recitou ou cantou a súa copla ó redor do Maio.

lunes, 23 de abril de 2018

PROXECTO AVESPA VELUTINA

Na zona do Baixo Miño temos a problemática da invasión da vespa Velutina.
Imos intentar concienciar ó noso alumnado da importancia de controlar mediante trampas a esta especie invasora.

Hoxe repartimos os trípticos da Xunta de Galicia para crear conciencia nas casas.

Creamos un espacio de información e faremos talleres nos que a partir de obxectos de refugallo  fabricaremos trampas para que  os nenos as repartan por todo o concello.




23 ABRIL, DÍA DO LIBRO.

Para celebrar o día do libro, hoxe no colexio fixemos un intercambio de libros.

Os nenos que quixeron participar trouxeron un libro da casa e na hora de ler poideron cambialo por outro.

Ó chegar o intercambio,  algún percatouse  que o traer  un libro para nenos mais pequenos , non había libros adecuados para os compañeiros do seu ciclo é un erro que aprendemos para a próxima.